Extreme é outro bo exemplo de que as bandas de heavy metal saben facer como ninguén as baladas máis emotivas e mesmo cun punto algo ñoño. Malia isto podemos dicir ó seu favor que este comportamento fai que o son destas bandas cheguen a outros públicos e así lograr unha sona que só lle estaría restrinxida a un círculo selecto. Coa balada "More Than Words" do álbum Extreme II. Pornograffitti (1990) a banda de Gary Cherone e Nuno Bettencourt gañou un oco na posterioridade.
En 1998, a banda neerlandesa Flip Da Scrip do rapeiro Cooly D empregou como sample o de Extreme para a súa canción "Never Told You", que lle dá título o álbum que publicaron ese ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario