mércores, 25 de abril de 2012

Who'll Stop the Rain

En apenas catro anos, Creedence Clearwater Revival publicou un total de sete discos que haberían de situar á banda dos irmáns Fogerty no centro do panorama rock, grazas a toda unha serie de himnos que se volverían inesquecibles. Un deles é "Who'll Stop the Rain", que se editou como cara B do single "Travellin' Band", en xaneiro de 1970 e que despois aparecía no álbum Cosmo's Factory, o primeiro dos dous que Creedence Clearwater Revival puxo no mercado en 1970 e que supuña o quinto da banda californiana.


A canción de John Fogerty conta con moitas versións. Nós imos quedar hoxe coa que gravaron  Stereophonics na cara B do seu single "Local Boy in the Photograph" (1997).


Ningún comentario:

Publicar un comentario