Que se pode dicir de The Beatles que non se dixese xa? Son os máis grandes e marcaron unha revolución insuperable na música. Todo artista que se prece de selo sinala a The Beatles como referente da súa música, aínda que esta pouco teña que ver co son dos de Liverpool. De feito, non hai canción que leve a firma de The Beatles que non fose versionada en infinidade de ocasións e polos grupos e intérpretes dos máis variados estilos. John Lennon e compaña merecen un blog de seu con tódalas versións!
Mentres tanto, imos quedar cunha das súas cancións máis grandes: "Strawberry Fields Forever", que se ía incluír no lendario Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, pero que se publicou como cara B de "Penny Lane" en 1967. Despois aparecería recollida en Magical Mystery Tour publicado en Estados Unidos ese mesmo ano. A canción está dedicada ó orfanato onde Lennon pasou parte da súa infancia, aínda que tamén hai quen afirma que fala dos campos de amorodos de Almería onde pasou unha tempada.
Agora quedamos con algunha versión. Imposible polas todas por moi boas que sexan. A primeira é de Peter Gabriel de 1976.
A versión ska que os arxentinos Los Fabulosos Cadillac fixeron en colaboración con Debbie Harry no álbum Rey Azúcar (1995).
Finalmente, deixamósvos a canción coa que Niño y Pistola homenaxean a "Strawberry Fields Forever". É a canción "She Was" do álbum Como un maldito guisante (2006), que remata cos primeiros acordes deste clásico de The Beatles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario