Non é unha novidade a influencia que tiveron The Who en cada banda británica de rock posterior ós anos 70. Calquera canción da banda de Pete Townshend, como outras tantas dos omnipresentes Beatles, pode rastrexarse no repertorio de moitos grupos. "The Seeker", single que lanzaron en 1970 nun dos seus mellores momentos e que recolleron un ano despois no álbum recompilatorio Meaty Beaty Big and Boucy pode confirmalo.
Nos primeiros traballos discográficos de calquera grupo ou artista é onde mellor se pode notar as influencias que reciben os seus músicos. Nesa procura dun estilo propio, unha banda nova vai perfilando o seu son a través dos artistas consagrados que admira. Oasis, uns habituais por estes lares, demóstrano no seu debut Definitely, Maybe onde a presenza latente do son de The Beatles e de The Who é máis clara que nos discos posteriores. Por exemplo, en "Columbia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario