Unha das formacións femininas máis importantes da década de 1960, The Shangri-Las, tivo máis ben un traxectoria breve, aínda que moi intensa, que só durou desde 1963 ata 1968. Entre eses anos, estas catro mozas procedentes de Nova York deinxáronnos dous discos de longa duración publicados en 1964 e 1965, e unha chea de singles que xa forman parte do repertorio popular. De 1965 precisamente é a canción "The Train From Kansas City", publicado como cara B do single "Right Now and Not Later" e que aparecería en 1996 no álbum recompilatorio The Best of The Shangri-Las.
De 1996 tamén é precisamente o disco de longa duración de The Killer Barbies, unha banda de punk con estética de cómic e serie B, Only For Freaks!. A banda de Vigo, con Silvia Superstar á cabeza convulsionara o panorama independente coa súa irrupción uns anos antes e confirmáronse como unha proposta chea de frescura que non dubidaba en actualizar a Elvis Presley e a The Shangri-Las. Esta é a súa versión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario