venres, 27 de febreiro de 2015

Supernature

Marc Cerrone, máis coñecido polo seu apelido que lle serve de nome artístico, Cerrone, é un dos precursores da música disco francesa. Cando nos setenta a música disco estaba en pleno apoxeo era complicado triunfar debido á forte competencia que había, xa que cada vez existían máis proxectos dirixidos cara ó funk e a música disco en xeral, e xa non digamos se un proviña dun país que non fose o Gran Bretaña ou Estados Unidos, xa que estes practicamente formaban un monopolio. Non obstante, Cerrone logrou chegar ós postos máis altos das listas destes países coa canción que lle daba título ó seu terceiro disco, Supernature (Cerrone III) (1977). "Supernature" ía supoñer un fito na escena francesa co éxito que acadou internacionalmente. A letra, escrita por Lene Lovich, fala dun futuro apocalíptico onde as prácticas con usos químicos no campo creou unhas criaturas monstruosas. En plena época no que a defensa do medio natural gañaba adeptos, "Supernatural" converteuse nunha cancións máis representativas do movemento ecoloxista.


Erasure fixo unha versión moi coñecida de "Supernature" en 1989, aínda que algo máis breve que a orixinal.


Os rapaces de Daft Punk rendéronlle tributo a Giorgio Moroder cun tema no seu último disco Random Access Memories (2013) no que participa o propio homenaxeado. O título é "Giorgio by Moroder", pero a canción levantou algunhas críticas porque ten unha estrutura semellante á canción de Cerrone, que por outro lado, todo o mundo ten en conta que é un referente para o dúo francés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario