Como un dos cantautores máis prolíficos da historia da música, Bob Dylan xa daba mostra dunha enorme creatividade desde os seus comezos. Por se fose pouco, tralo accidente de moto que sufriu no verán de 1966 que o tivo un tempo afastado da escena, Dylan aproveitou para seguir compondo novos temas que logo se concretarían nun álbum de seis cancións, titulado John Wesley Harding (1967), que suporía a volta do cantautor á primeira liña trala longa convalecencia. Ademais con John Wesley Harding, Bob Dylan retomaba o folk dos primeiros traballos, deixando de lado o rock máis eléctrico que caracterizaba os seus últimos discos e que tanta controversia levantara entre os seus seguidores. "All Along the Watchtower" foi o segundo single de John Wesley Harding, unha fabulosa peza folk rock con trazos dos seus últimos discos.
Como practicamente toda a discografía de Bob Dylan, "All Along the Watchtower" é unha canción moi versionada, aínda que a versión máis importante é a que fixo Jimi Hendrix no álbum Electric Ladyland (1968), aínda hoxe insuperable na opinión de moitos críticos.
O rapeiro Devlin fixo unha revisión moi libre da canción de Dylan, levándoa ó seu terreo. Sampleando a de Jimi Hendrix, esta nova versión co nome de "Watchtower" pertence ó álbum A Moving Picture (2013) e esta interpretada canda Ed Sheeran, que colabora con Devlin neste primeiro single do álbum do rapeiro inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario