Na época dourada da música disco, alá polos setenta, moitas mozas comezaron a súa carreira musical apostando por este xénero, pero só unhas poucas acadarían un recoñecemento coma raíñas da pista de baile máis alén daqueles anos. É o caso de Donna Summers e Gloria Gaynor, pero o nome de moitas outras quedou no esquecemento ó pasar o tempo da música disco. O de Andrea True Connection foi un dos tantos que non sobreviviu á voráxine e a súa andaina na música rematou a comezos dos oitenta con só tres álbums no mercado, e aínda que en 1995 editou un single que anunciaba a súa volta, non tivo o éxito suficiente para que esta se fixese realidade. En calquera caso, sempre nos quedará o seu maior éxito "More, More, More", que lle deu título ó primeiro álbum e que se publicou en 1976.
Con moita probabilidade, Andrea True animouse a retomar a súa carreira na música ó ver que cada pouco tempo aparecía algunha nova versión de "More, More, More". Unha das últimas foi a de Bananarama en Please Yourself (1993), que a adaptou o son dance dos noventa.
Con algún eco de "More, More, More", Saint Etienne incluía no álbum Tiger Bay (1994) a canción "Hug My Soul".
E baseada totalmente na canción de Andrea True Connection, Len editou o single "Steal My Sunshine", pertencente a You Can't Stop the Bum Rush (1999).
Ningún comentario:
Publicar un comentario