No seu quinto álbum en solitario, So (1986), Peter Gabriel incluíu algunhas das cancións máis memorables da discografía do ex líder de Genesis, coma é o caso de "Sledgehammer", "Don't Give Up" e "Red Rain", xunto con outras tan marabillosas como as anteriores, que amosan a un Gabriel plétorico tanto á hora de compór como logo na interpretación. Producido polo propio Peter Gabriel e Daniel Lanois, tamén forma parte de So "Mercy Street", que sen chegar a ser single, acostuma a ser unha das cancións favoritas dos fans de Peter Gabriel. O músico inspirouse na obra do mesmo nome de Anne Sexton para este tema.
Los Secretos acaban de publicar un álbum de versións co nome de Algo prestado (2015) onde adapatan ó castelán doce cancións de artistas e grupos que marcaron a súa carreira como Jackson Browne, Foreigner e outros máis recentes coma Fountains of Wayne. A versión que fixeron de "Mercy Street" titulárona "Calle Compasión" e quedoulles así de ben.
https://youtu.be/jB0bRgpP6B0
Ningún comentario:
Publicar un comentario