Bob James é un dos músicos innovadores de jazz dos anos setenta que soubo modernizar este estilo para amoldalo ós novos tempos sen perder un ápice da súa esencia. A través da fusión con outros estilos, a proposta jazzística de Bob James atopou decontado con novos adeptos e achegou a maxia do jazz a sectores musicais que ata daquela non lle prestaran demasiada atención a un xénero que vivira os seus mellores tempos durante os felices anos vinte. Coa súa particular maneira de interpretar o jazz, James atraeu cara a súa obra a sectores do funk, do R&B, do soul e do hip hop que aínda seguen vendo na súa música unha fonte inesgotable de influencia. "Storm King" é unha das cancións do álbum Three (1976).
Un claro exemplo desta influencia que exerce Bob James pode apreciarse na canción de New Edition "Hit Me Off", do álbum Home Again (1996), baseada en "Storm King".
Ningún comentario:
Publicar un comentario