War foi unha das bandas que afianzou o son funk desde os anos sesenta. En plena voráxine deste na década seguinte, War converteuse nunha referencia para outros grupos que estaban comezando. A presenza de Eric Burdon fora un verdadeiro impulso nos primeiros anos, pero trala marcha do ex líder de The Animals, a banda seguiu medrando ata reinar en tódalas listas durante varios anos consecutivos antes de que Burdon volvese formar parte de War nun novo disco. En Why Can't We Be Friends? (1975), o último antes da volta de Burdon, War incluíu un trallazo como "Low Rider", composto por toda a banda e o produtor Jerry Goldstein.
Os Beastie Boys foron dos primeiros en sacar proveito desta canción de War, e xogando co título da orixinal, a súa canción chámase "Slow Rider" e pertence ó álbum Licensed to III (1986).
The Ziggens tamén souberon botar man dalgún dos sons de "Low Rider" na canción instrumental "Surfin' Buena Park", do álbum Pomona Lisa (1998).
Outra banda que lle sacou partido a "Low Rider" foi Reverend and The Makers na canción "Silence Is Talking", que abre o segundo álbum da banda inglesa, A French Kiss in the Chaos (2009).
Ningún comentario:
Publicar un comentario