A primeira etapa de Fleetwood Mac está marcada por un maior apego da banda ó blues e ó rock, coa guitarra de Peter Green como protagonista indiscutible de case tódalas composicións. A súa forma de tocar serviulle de modelo a moitos guitarristas que non dubidaron en imitar a Peter Green. Deses primeiros anos da formación, destaca "Albatross", unha canción instrumental asinada polo propio Green, que viu a luz en 1968 como single independente que sería recompilado un ano máis tarde no disco English Rose (1969), o primeiro álbum de "grandes éxitos" da banda que ata o momento, só publicara dous discos de longa duración, os dous editados un ano antes.
A popularidade que acadou "Albatross" no ano 1968 conquistou tanto a John Lennon coma a Paul McCartney, que se inspiraron no son desta canción para compór "Sun King", un dos temas de Abbey Road (1969).
Ningún comentario:
Publicar un comentario