Coa chegada dos anos 70 Aretha Franklin estaba disposta a demostrar que o soul e o R&B ían ocupar un lugar destacado na nova década e para iso, nada mellor que a publicación dun novo álbum que Aretha lles proporcionou ós seus milleiros de seguidores co título This Gir's in Love with You (1970) con nove cancións orixinais e a sorpresa da versión de "Let It Be" co que un ano antes os Beatles certificaban a separación do grupo. A penúltima canción dese álbum é "Call Me", unha fermosa balada asinada pola propia Aretha Franklin onde colabora a banda The Swampers.
Como moitas cancións de Aretha, "Call Me" tamén foi aproveitada polos artistas de hip hop para as súas novas creacións, tal como fixo Kanye West para o grupo Slum Village, onde colleu un sample desta canción para "Selfish", unha canción do álbum A Taste of Detroit (2004) no que tamén colabora John Legend.
Ningún comentario:
Publicar un comentario