Apenas acababa de comeza-la súa andaina na música cando o pequeno Stevie Wonder se animou a publicar un álbum en directo cun feixe de novas cancións para maior gloria do selo Motown. Todo un reto de Wonder do que saíu plenamente airoso. Era o ano 1963 e editouse co título Recorded Live: The 12 Year Old Genius facendo referencia á curta idade de Stevie Wonder, así como a categoría de xenio, toda unha realidade que se foi confirmando cos anos. O primeiro single "Fingertips" e unha demostración da forza que Stevie tiña nos escenarios, un mestre do ritmo que non se deixou impresionar ante o público que agardaba o seu talento.
E como referencia indiscutible do R&B, Stevie Wonder inspirou mesmo os máis grandes que viñeron detrás del. Prince acordouse deste temperán éxito de Stevie para compoñer "I Feel for You" no álbum epónimo de 1979, malia que a popularidade desta canción acadouse na voz de Chaka Kahn no disco homónimo de 1984.
"Fingertips" tamén serviu de sample nalgún tema de hip hop. Un dos primeiros é o de Le Juan Love na canción "Everybody Say Yeah" en 1988. A harmónica de Stevie Wonder é inconfundible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario