Levaban xa uns cantos anos rodando polos escenarios das principais salas de concertos españolas cando o dúo madrileño Pereza acadou o éxito dun público masivo coa publicación do seu segundo disco Algo para Cantar (2003) que contén a canción que os lanzou definitivamente á fama. "Pienso en aquella tarde" fixo que os medios se empezasen a fixar no traballo de Rubén e de Leiva e mesmo se empregase nalgún anuncio. Unha canción chea de ritmo, dominada polas guitarras, que practicamente deixaba no esquecemento o primeiro disco destes rapaces.
O éxito de vendas foi tal que ese mesmo ano sacaron unha edición especial de Algo para cantar que contiña como principal sorpresa a versión en acústico da súa canción estrela. Reconvertida en balada e contando coa compaña de David Summers, líder de Hombres G, e de Dani Martín, líder de El Canto del Loco, tivo aínda máis popularidade que a versión orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario