No ano 2010 os norirlandeses Two Door Cinema Club dábanse a coñecer cun disco que recuperaba os sons da New Wave, coma se de súpeto esta banda volvese dunha viaxe no tempo. Malia ese componente revival Tourist History tivo unha boa aceptación por parte dos críticos, que agradecían a frescura que esta nova banda lle imprimía a un estilo bastante trillado na súa época de esplendor e de feito, o disco que sacaron o ano pasado Beacon confirmou as expectativas de que Two Door Cinema Club é unha banda que hai que ter moi en conta. Tourist History péchase con "You're Not Stubborn", unha canción representativa do son New Wave.
E por cousas da vida, en 2011 produciuse acontecemento esperado por moitos: a volta á actualidade de The Cars, que despois de máis de vinte anos de silencio, publicaron un novo disco Move Like This con cancións totalmente novas, nada de recompilatorio de grandes éxitos con algún tema inédito. O primeiro single que se editou dese álbum é "Sad Song", que polo ritmo que ten, non é para nada unha canción triste. As reaccións a esta canción foron máis ben de escepticismo, xa que moitos críticos vírona coma unha canción máis do repertorio de The Cars e por suposto, moi semellante a outras do mesmo grupo. Mais para outros, a pregunta que máis lle rondaba na cabeza era se o incipiente éxito de Two Door Cinema Club non tería algo que ver con este regreso...
Ningún comentario:
Publicar un comentario