A comezos dos anos 90 a repercusión que a música de Björk acadou en medio mundo non deixou indiferente a ninguén, nin tan sequera para a mesma Madonna, que cun olfacto privilexiado para atopar o éxito, decidiu contar coa colaboración da islandesa no álbum Bedtime Stories (1995). Xa no anterior disco de Madonna, Erotica (1992), a raíña do pop xa se reinventara probando cuns sons moito máis electrónicos sen renunciar ó seu estilo provocativo, que xa era formaba parte da posta en escena de Madonna. Para Bedtime Stories, Madonna conseguiu que Björk lle escribise un tema, o envolvente "Bedtime Story".
http://www.goear.com/listen/9576091/bedtime-story-madonna-
E moi pronto, a influencia deste tema de Madonna se fixo notar. En menos dun ano, Garbage gravaban "Number One Crush", unha canción para a banda sonora da película "Romeo e Xulieta", que xa aparecera nas caras B dalgúns singles que Garbage editaran. Algúns dos produtores desta canción son os mesmos que traballaron con Madonna e non dubidaron en engadir algún sample de "Bedtime Story" á canción de Garbage. Publicouse a finais de 1996 na banda sonora da película.
http://www.goear.com/listen/4b623dc/number-1-crush-garbage

Ningún comentario:
Publicar un comentario