O fervedoiro musical que era a cidade de San Francisco a finais dos anos 60 repercutiu nunha cantidade enorme de bandas dedicadas ó rock, e moitas delas fixeron que a psicodelia, máis ca unha moda, tivese un sitio privilexiado dentro das correntes rock daqueles anos. Unha desas bandas que nos deixaron os 60 procedentes de San Francisco é It's a Beautiful Day, que se caracterizou por mesturar a formación clásica dos seus componentes cos ritmos folk e rock do momento. O seu primeiro álbum de longa duración It's a Beautifu Day (1969) contén o tema instrumental "Bombay Calling", un dos máis influentes.
A música de It's a Beautiful Day marcou ós membros de Deep Purple, que tan só un ano despois, no álbum Deep Purple in Rock (1970) incluían a canción "Child in Time", da que Ian Gillan recoñeceu en varias ocasións que estaba baseada en "Bombay Calling".
Ningún comentario:
Publicar un comentario