Xunto con Jerry Wexler e Bert Berns, Solomon Burke escribiu unha das mellores cancións soul que se coñecen: "Everybody Needs Somebody". Cun ritmo moi bailable e optimista, non tardou moito en ser versionada por algúns dos principais artistas do momento. Era o ano 1964 e Solomon Burke xa colleitara uns cantos éxitos como cantante de gospel aínda que a fama chegoulle tras fichar pola discográfica Atlantic, coa que editou numerosos singles desde o comezo dos 60, mais "Everybody Needs Somebody" é talvez o máis recordado.
A lista de versións é moi ampla e destacan de maneira significativa a dos Stones, así como a de Wilson Pickett e a de Dusty Springfield, pero imos quedar cunha canción baseada en "Everybody Needs Somebody". Trátase dun dos primeiros éxitos de Small Faces, "Watcha Gonna Do About It", tema co que se deron a coñecer en 1965 e que pertence ó disco epónimo da banda pola que pasaron Rod Stewart e Ronnie Wood.
Ningún comentario:
Publicar un comentario