Das bandas que entre os anos 60 e 70 contribuíron á renovación do rock cara un son máis duro sen deixar de lado o pouso do blues e que quedaron polo camiño, merece un pequeno tributo Stone the Crows. Formada en Glasgow por Leslie Harvey, Colin Allen, James Deward, John McGinnis e a vocalista Maggie Bell, todo parecía indicar que era unha banda con gran futuro, pois ademais de facer boas cancións, Stone the Crows contaba co apoio do mánager de Led Zeppelin Peter Grant e de Mark London, no entanto os continuos cambios na formación e finalmente, a morte de Harvey en 1972, a alma máter da banda, acabaron por finiquitar un proxecto que prometía un longo recorrido. En apenas tres anos, Stone the Crows deixaron catro discos, no terceiro, Teenage Licks (1971), encontráse este sensacional "Big Jim Salter".
Tan só tres anos despois da publicación de Teenage Licks, Deep Purple ían encargarse de inmortalizar o riff de guitarra de "Big Jim Salter" na canción "Might Just Take Your Life", do álbum Burn (1974).
Ningún comentario:
Publicar un comentario