Son moitas as cancións escritas por Morrisey e Johnny Marr que serviron para afianzar a The Smiths como unha das grandes bandas dos 80. Por se fose pouco, os dous arttífices deste proxecto tamén participaban activamente na produción dos discos e iso finalmente se notaba no resultado final. The Queen Is Dead, o terceiro disco de The Smiths, publicado en 1985, é posiblemente o mellor da discografía, pois a colección de cancións que forma o álbum e dunha enorme calidade. Pensemos por exemplo en "Bigmouth Strikes Again", capaz de concentrar nos seus escasos tres minutos e medio de duración a esencia de The Smiths. O comezo acústico das primeiras notas deixou pegada noutras bandas que tiñan a The Smiths como unha referencia ineludible.
http://youtu.be/-uZzBJMTnFQ
Vexamos agora un dos exemplos máis claros da influencia que esta canción en concreto produciu nunha gran banda que nos anos 80 empezaba a dar os seus primeiros pasos. Falamos dos zaragozanos Héroes del Silencio, que en 1987 se estreaban cun EP titulado Héroe de Leyenda que contén unha das súas mellores cancións "Mar adentro", e que ó ano seguinte abriría o primeiro disco de longa duración da banda de Bunbury El Mar no Cesa. O principio desta canción lembra moito á de The Smiths.

Ningún comentario:
Publicar un comentario