Sabemos que Beck é todo un especialista en facer cancións combinando o son e as estruturas doutras moi variadas, así que hoxe imos con outra que se axusta ós parámetros ós que este artista non ten acostumados. Trátase de "Cellphone's Dead", do álbum The Information, publicado en 2006. A novidade neste caso é que "Cellphone's Dead" contén elementos dunha canción anterior de Beck, como veremos máis adiante. Con todo, hai que indicar que os recursos que emprega Beck para facer música, lonxe de restarlle méritos pola pouca orixinalidade que se pode aprezar nos seus traballos, consegue resaltar unha obra cunha personalidade propia que ensalza ó músico, algo que non está ó alcance de calquera, pois moitos outros que intentaron seguir a mesma fórmula acabaron por fracasar.
http://youtu.be/KH6z2ie_6l4
A primeira canción que lle vén á cabeza a calquera que escoite "Cellphone's Dead" cun pouco de atención e de coñecemento é "Chameleon", unha das pezas máis famosas de Herbie Hancock, que aparece no álbum Head Hunters (1973) e que Hancock compuxo coa colaboración de Bennie Maupin, Paul Jackson e Harvey Manson. Dende logo, o comezo de "Cellphone's Dead" ten reminiscencias desta canción de jazz.
http://youtu.be/ejaumVVHAUQ
A outra canción á que se parece "Cellphone's Dead" é a "Hell Yes" do propio Beck, como comentabamos máis arriba. Pertence ó disco anterior de Beck Guero, que aparecera no mercado en 2005, un ano antes de The Information.
http://youtu.be/9BQliE3h0q0
Pero como parte das cancións de Beck, "Hell Yes" está baseada noutra, en concreto, ó igual que no caso de "Cellphone's Dead", é unha canción dos anos 70, neste caso nunha de Ohio Players titulada "Far East Mississippi", do álbum Contradiction (1976).
http://youtu.be/Puks6UTw1EQ

Ningún comentario:
Publicar un comentario