Hai veces en que ser músico ó servizo dun solista consagrado parece ensombrecer o propio traballo. O mesmo se podería dicir dos chamados músicos de sesión, xente anónima contratada polas discográficas, pero excelentes profesionais que prestan o seu talento a outros que han de recibir tódolos parabéns (pero tamén críticas feroces se sae mal). Non obstante, o mundo da música ofrécenos exemplos de que se pode chegar a ser protagonista despois dun certo tempo nun papel secundario. En resumidas contas esa é a historia de The Band. O nome xenérico co que se coñece este grupo de músicos xa nolo di todo. E quen formaba The Band? Pois nin máis nin menos que os músicos que acompañaban a Bob Dylan. Houbo un momento en que Robbie Robertson e os seus compañeiros decidiron dar un paso adiante sen a sombra constante de Dylan e comezaron a gravar discos co nome precisamente de The Band. En 1968, cando Dylan aínda non volvera do seu paticular retiro, vía a luz o debut de The Band Music from Big Pink, que con todo, contaba con algunhas cancións asinadas por Bob Dylan, mais habería de ser unha de Robertson, "The Weight", a que se habería de converter das máis coñecidas de The Band.
http://youtu.be/3LAcP_v-j3I
"The Weight" é a canción máis coñecida de The Band tamén debido a enorme cantidade de versións que se fixeron deste tema. Das últimas destaca a do arxentino Charly García en castelán co nome "El Peso" e que respecta bastante ben a letra orixinal en inglés.
http://youtu.be/I5TnFchrH2E
"The Weight" tamén foi clave para Bruce Springsteen cando compuxo "My City of Ruins", pertencente a The Rising (2002), pois a melodía é practicamente a mesma. Por outra parte, nesta canción de Springsteen tamén hai un rastro da canción de The Impressions "People Get Ready", pero esa deixámola para outra ocasión.
http://youtu.be/RnkJa6HdgJw
E a influencia de "The Weight" tamén se deixa sentir nunha das cancións do último disco de Niño y Pistola There's a Man With a Gun Over There (2013) "And Then The Rain Started". A banda de Baiona mostra así unha das súas preferencias musicais decisivas na procura dun son que fan de Niño y Pistola unha das bandas de rock máis interesantes dos últimos anos no panorama nacional.
http://youtu.be/Ckb1rQgM1LE

Ningún comentario:
Publicar un comentario