Talvez a obra completa de Johann Pachelbel non sexa moi coñecida alén daqueles que coñezan ben a historia da música clásica, mais a importancia deste compositor nacido en Nuremberg en 1653 non se debe infravalorar. Arredor do ano 1680, Pachelbel compuxo a obra que habería de labra-lo seu nome na posteridad "Kanon un Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo", coñecida de forma abreviada como "Canon en re maior". Malia que a peza está pensada, tal como recolle o título, para tres violíns e un baixo continuo, o certo que a popularidade que acadou co tempo fixo que nalgunhas execucións se acabase incluíndo outros instrumentos, que non desvirtuan en absoluto a maxia que transmite a melodía. Non obstante, a técnica que emprega Pachelbel no Canon transcendeu máis aló das pautas clásicas e arestora non se entenderían algunhas cancións de pop rock sen a súa achega.
Como xa vimos algunha vez, nos anos 60 ponse de moda incorporar obras clásicas populares ós sons contemporáneos, xa sexa facendo versións cos novos instrumentos ou ben engadindo as melodías a cancións actuais. En 1968, a melodía do "Canon" vai dar lugar a dúas cancións que se haberían de colocar nos primeiros postos das listas de vendas dos seus respectivos países. Unha delas é a canción dos españois Pop Tops "Oh Lord!, Why Lord?"
http://youtu.be/9mx1Ah9dTuY
A segunda é "Rain and Tears" dos gregos Aphrodite's Child, o proxecto en común que tiñan Vangelis e Demis Roussos. Con esta canción conquistaron Europa.
A segunda é "Rain and Tears" dos gregos Aphrodite's Child, o proxecto en común que tiñan Vangelis e Demis Roussos. Con esta canción conquistaron Europa.
Pero esquezámonos un momento da melodía do "Canon" e reparemos na estrutura, que viviu unha época de esplendor nos anos 90, ó ser reproducida nunhas cantas cancións. Vexamos dúas das que máis éxito tiveron. Unha é o single de Green Day "Basket Case", do álbum Dookie (1994).
http://youtu.be/GTwJo0HeNmU
A segunda é "Hook", un tema de Blues Traveler que aparece no álbum dos de Nova Jersey Four (1995).
http://youtu.be/arUpcpRR568
E se alguén pensaba que o "Canon" de Pachelbel non podía ter máis recorrido co cambio de século, hai que dicir que o músico taiwanés JerryC fíxose famoso en 2005 cunha versión rock, co título precisamente de "Canon Rock", o que confirma que o "Canon" soa ben con calquera instrumento. Quen llo ía dicir a Pachelbel!
http://youtu.be/4PjEaHGXhLM
Ningún comentario:
Publicar un comentario