Joe Jackson debutou a finais dos anos 70 cun temazo como é " Is She Really Going Out with Him?" que o catapultou á fama. Aínda hoxe está considerada como a súa mellor canción e segue presente nalgúns músicos coma Jack White, que xa vimos que lle serviu de base para unha das cancións de The Raconteurs. Pero sen que ningunha das cancións posteriores de Joe Jackson acadase o nivel dese primeiro single, o resto da súa produción musical tamén se pode cualificar de moi boa. De feito, no quinto disco, Night and Day (1982), atopamos algunha das cancións máis celebradas de Joe Jackson, como "Steppin' Out", un dos singles que fixo que ese álbum fose dos máis vendidos ese ano.
E para "reivindicar" esa canción, tal como fixeran The Raconteurs con "Is She Really Going Out with Him?", Gabriella Cilmi baseouse en "Steppin' Out" na canción "On a Mission", talvez a mellor canción da australiana tras "Sweet about Me" e que tamén está no disco Ten (20109.
Ningún comentario:
Publicar un comentario