The Stranglers era xa máis que unha banda consagrada cando en 1981 sacaron o seu sexto disco La Folie, posiblemente o seu mellor álbum. E por sorpresas desas coas que ás veces nos sorprende a música, nese traballo atópase a gran canción coa que aínda hoxe moitos recordan á banda composta por Jet Black, "Golden Brown". Outra curiosidade é a harmonía e o son. Se a andaina de The Stranglers os caracteriza como unha banda de punk rock, que o tema máis lembrado sexa esta fermosa balada, totalmente afastada do son habitual, non deixa de ser unha brincadeira do destino coa que de vez en cando tropezan os grupos co son máis duro.
Son moitas as versións que se fixeron de "Golden Brown", pero na nosa opinión, ningunha está á altura da orixinal. Tamén se ten empregado de sample, xa que a melodía é inesquecible, e igualmente, ningunha canción supera á de The Stranglers. Unha das máis destacadas é a de Jamelia "No More", que aparece no álbum Walk with Me (2006) e aínda así, é un tema bastante insubstancial onde a base de "Golden Brown" é o único que fai que esta canción teña algún interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario