A ascendencia que tivo a traxectoria de Belle and Sebastian dende os seus comezos foi imparable na música independente e en apenas cinco anos xa eran un gran referente para artistas e grupos dunha chea de países que trataban de atopar un oco na escena indie. Co seu pop doce non exento de calidade, a banda de Glasgow formada en 1996 por Stuart Murdoch e Suart e Stuart David souberon conquistar a un público esixente e a unha crítica cada día máis indiferente ante as distintas fornadas de grupos que van aparecendo. En 2002 publicaban o quinto disco Storytelling cuxa canción que lle dá título é unha das máis fermosas.
http://youtu.be/_tvnW-Cqr5s
E convertidos en banda de culto, Belle and Sebastian é unha das claras referencias para moitos que tratan de emula-los seus pasos. Las Escarlatinas, un dos proxectos máis interesantes que hai hoxe en España, facían unha versión en castelán de "Storytelling" con título "El diván" no seu álbum de debut A Todo Color (2005), tan só tres anos despois da aparición da orixinal, o que nos serve para comprobar a rápida repercusión da que se fixeron eco Belle and Sebastian.
http://youtu.be/cl6WTpPV60s
Ningún comentario:
Publicar un comentario