O grupo de R&B Raydio tivo unha andaina tan intensa como corta. En tan só catro anos editou outros tantos discos e en todos hai algunha canción inesquecible do R&B dos oitenta. O gran impulsor deste grupo é o compositor e músico Ray Parker Jr., que tras pechar a súa etapa con Raydio, comezou a editar discos en solitario con bastante fortuna e acadou o seu maior éxito coa banda sonora de Ghostbusters en 1984. Pero antes de que Raydio se disolvese, apareceu un último disco A Woman Needs Love (1981) cuxa canción que o titula é unha das grandes composicións de Ray Parker Jr.
https://youtu.be/h2w8nTrIg_o
Ademais de cultivar a súa propia carreira en solitario, Ray Parker Jr. tamén se dedicou a traballar como compositor e produtor doutros artistas. Unha das bandas que impulsou foi a de Bobby Brown, New Edition, á que lle produciu o álbum epónimo de 1984. Para ese disco Ray Parker Jr. reciclou a canción de Raydio "A Woman Needs Love" e cambiándolle a letra, pero conservando toda a melodía, creoulles a New Edition a canción "Mr. Telephone Man".
https://youtu.be/SP9zFehci78

Ningún comentario:
Publicar un comentario