Hai veces en que á hora de compoñer unha canción o autor toma máis dunha referencia que logo quedan reflectidas na nova composición. Menos habitual é que esas referencias se tomen dunha mesma fonte, ou dito doutro xeito, se busquen na obra do mesmo artista, pero tamén adoita acontecer. Lisa Lisa and Cult Jam foi un grupo que nos oitenta obtivo algún éxito cos novos ritmos urbanos e unha das cancións coa que triunfaron foi "Lost in Emotion", do seu segundo álbum Spanish Fly (1987), na que o recordo da música de Mary Wells envolve cada nota. De feito, tal como recoñeceron os creadores desta canción, "Lost in Emotion" bebe indirectamente de dúas cancións desta artista que comezou a súa carreira na Tamla Motown.
https://youtu.be/tjLS2KVXohc
As cancións de Mary Wells que propiciaron que "Lost in Emotion" se puidese transformar nun tema de Lisa Lisa and Cult Jam pertencen á mesma época, aínda que a discos diferentes. Unha delas é "You Beat Me to the Punch", do seu segundo álbum, The One Who Really Loves You (1962).
https://youtu.be/OCUXSdg6PCc
A outra está no seguinte álbum de Mary Wells, Two Lovers and Other Hits (1963) e é o tema "Two Lovers", que quizais garde máis similitude con "Lost in Emotion".
https://youtu.be/oa4MqpN-A2k

Ningún comentario:
Publicar un comentario