A Van Halen debénselle algúns dos mellores riffs de guitarra desde que o hard rock se situou como un dos xéneros con máis forza. Desde que a banda californiana debutou en 1978, as cancións foron gañando en intensidade, consolidando un son que identificaría a banda como das máis importantes do seu momento, grazas sobre todo ó dominio de Eddie Van Halen da guitarra. O terceiro disco, Women and Children First (1980), ten unha das cancións que mellor definen o son de Van Halen, desas que se fan imprescindibles para entender a súa traxectoria. É "Everybody Wants Some!!, cando David Lee Roth era o vocalista principal do grupo.
https://youtu.be/fAktV72_nnE
Uns anos máis tarde, para o sexto álbum, 1984 dese mesmo ano, Van Halen escribiu a canción "Panama" na que aproveita algúns trazos que perfilaron "Everybody Wants Some!!", o que tamén fai desta canción unha das máis coñecidas de Van Halen.
https://youtu.be/qqszqHKIqEk

Ningún comentario:
Publicar un comentario