Robin S. forma parte desa lista maldita á que moitos músicos e cantantes pertencen ó debutar cun éxito devastador e logo non poden remontar a súa andaina polo peso desmedido da sona. No caso desta moza de Nova York, a canción "Show Me Love", que lle dá nome ó seu álbum de debut do ano 1993, soou continuamente en tódalas pistas de baile de medio mundo, o que co tempo a converteu nun dos clásicos da música disco dos noventa. Pero á vez que a canción trinfaba, o resto da obra de Robin S. quedaba nunha fonda penumbra que pronto se estendeu ó resto de singles do álbum, por non falar das cancións do seu segundo álbum, From Now On (1997), que ó non conter ningún trallazo como o "Show Me Love", asinou precipitadamente o finiquito da súa carreira.
Para algúns críticos, a canción de Robin S. foi unha referencia para Disclosure á hora de compór "White Noise", un dos temas do álbum de debut, Settle (2013). O certo é que "Show Me Love" influenciou unha manchea de artistas nestas últimas décadas, que basearon os seus propios temas nas bases desta canción.
https://youtu.be/FTwCgK-zTEs
Unha das cancións máis evidentes é a de Jason Derülo "Don't Wanna Go Home", un dos singles de Future History (2013), onde se remite claramente a "Show Me Love", facendo da nova canción unha especie de versión cunha letra diferente.
https://youtu.be/SlAxC_axQwc
https://youtu.be/FTwCgK-zTEs
Unha das cancións máis evidentes é a de Jason Derülo "Don't Wanna Go Home", un dos singles de Future History (2013), onde se remite claramente a "Show Me Love", facendo da nova canción unha especie de versión cunha letra diferente.
https://youtu.be/SlAxC_axQwc
Ningún comentario:
Publicar un comentario