Odyssey debutou en 1977 cun álbum epónimo que habería conter o único gran éxito deste grupo de soul e música disco, "Native New Yorker". Escrita polos produtores Sandy Linzer e Denny Randell, a canción acadou os primeiros postos das listas de música dance e de soul do Billboard, o que disparou a popularidade de Odyssey. Pero ó igual que lle acontecía a moitos grupos (e segue acontecendo), as demais cancións que este grupo foi sacando foron éxitos menores, agás a canción "Use It Up and Wear It Out", editada tres anos despois, que acadou o primeiro posto nas listas británicas. Polo demais, a andaina de Odyssey aínda continúa, pero sen repetir a boa etapa que tivo nos seus comezos.
Unha das versións máis coñecidas que se fixeron de "Native New Yorker" é a de Frank Vallie en 1977. O ex vocalista de The Four Seasons incluíuna no álbum Lay Put the Light Out.
Kluster, grupo de house e electrónica, reciclou o son de "Native New Yorker" para a produción do single "My Love", que por outra parte, non ten nada de especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario