Davy Graham é un dos máis reputados guitarristas acústicos que contribuíu a enriquecer o folk e o blues desde unha vertente puramente instrumental. Xa no EP co que debutaba, 3/4 AD (1962), Graham incluíu unha peza que lle habería valer o aplauso da comunidade folk e que co tempo converteuse na seu tema máis coñecido. Estamos a falar de "Angi", que namorou a varios cantautores que non tardaron en versionala. O talento de Davy Graham, reflectido especialmente en "Angi", influíu nos guitarristas contemporáneos e na crítica, que sempre estiveron pendentes da obra de Graham, malia a que non volveu asinar outro trallazo como este.
Simon and Garfunkel versionaron "Angi" en Sounds of Silence (1966), pero ademais nese mesmo álbum aproveitaron a melodía da canción de Davy Graham para compoñer os primeiros acordes da canción "Somewhere They Can't Find Me".
Unhas décadas despois, Chumbawamba tamén recorrería a "Angy" para compoñer a canción "Jacob's Ladder", tema do álbum Readymades (2002).
Ningún comentario:
Publicar un comentario