The Pointer Sisters labraron a súa carreira ó abeiro da escena funk, soul e R&B dos setenta dende moi cedo. Por iso unha década máis tarde o grupo feminino era xa todo un veterano, e as súas cancións cada vez eran mellores. Coa publicación do décimo álbum, Break Out (1983), The Pointer Sisters acadou o seu máximo apoxeo, pois ademais de situarse moi ben nas listas de vendas anglosaxonas e estadounidenses, os distintos singles callaron lle proporcionou ó grupo que fose candidato a varios premios musicais importantes. O segundo single do álbum, "Automatic", é unha das principais cancións de The Pointer Sisters.
Esquecida durante máis dunha década, a canción "Automatic" tomou novos folgos hai varios anos con senllas versións de Ultra Naté e de Hot Leg nos seus respectivos estilos. A de Ultra Naté, pertencente ó álbum Grime, Silk and Thunder (2007), ó ser en clave electrónica non se diferencia gran cousa da orixinal, pero o toque persoal de Ultra Naté queda patente.
O supergrupo que o líder de The Darkness, Justin Hawkins, montou, Hot Leg, tamén versionou "Automatic" no ano 2008, en clave rock.
Ningún comentario:
Publicar un comentario