O debut de William Bell no mundo da música soul non puido comezar con mellor pé. Certo que "You Don't Miss Your Water", o single co que seu a coñecer e que foi o principal valedor do álbum The Soul of a Bell (1961), non acadou unhas posicións moi altas nas listas de vendas, pero o encanto que agromaba das súas notas conquistou a músicos de distinta índole que a levaron ós seus respectivos terreos ó faceren novas versións. O primeiro foi o gran Otis Redding, colega de William Bell no selo Stax, quen no álbum Otis Blue (1965) se encargou de espallala ata aqueles lugares ós que a versión orixinal non chegara. A partir de aí, as versións que se fixeron de "You Don't Miss Your Water" foron constantes.
Trala versión de Otis Redding, a canción "You Don't Miss Your Water" saltou a outros eidos fóra do soul e adentrouse no rock da man de grupos como The Byrds, que a incluíron no álbum Sweetheart of the Rodeo (1968).
Un grande do rock and roll coma Jerry Lee Lewis fixo unha versión en clave blues no álbum The Killer Rocks On (1972).
https://youtu.be/5nF52tbH2tM
A versión orixinal de William Bell deixou algún trazo de inspiración na canción de Bruce Hornsby and the Range "Mandolin Rain", pertencente ó álbum The Way It Is (1986).
Ningún comentario:
Publicar un comentario