Outlandos d'Amour, o álbum de debut de The Police en 1978 supuxo a chegada á escena musical de Sting e compañía que se ían caracterizar pola combinación de reggae, ska e rock en doses suficientes para crear un estilo propio e inconfundible que non pasou desapercibido para as xeracións posteriores. "I Can't Stand Losing You" foi o segundo single dese álbum.
http://www.goear.com/listen/701593b/cant-stand-losing-you-the-police
Unha das cancións que máis influída está por este tema de The Police é "Diamond on Landmine", o tema de Billy Talent, do álbum Billy Talent III (2010). As primeiras notas remiten claramente ó tema de The Police.
http://youtu.be/7AKF5namNF4

Bruno Mars, é un deses artistas que dende apenas tres anos máis promete e no que moitos ben un digno sucesor de Michael Jackson sacou o seu segundo disco en 2012 Unorthodox Jukebox cun single que lembra de maneira notoria o son dos primeiros tempos de The Police. "Locked Out of Heaven" parece unha canción escrita por Sting e semella que escapou dalgún deses traballos de The Police.
Ningún comentario:
Publicar un comentario