A segunda metade da década de 1970 estivo dominada polos sonidos disco onde o instrumento rei de calquera produción era o sintetizador. Moi lonxe parecían quedar xa os tempos en que a guitarra eléctrica innovara o son da música en forma de rock and roll. Talvez debido a esa sensación de morriña, o rockeiro Bob Seger lembraba as orixes do rock no seu famoso "Old Time Rock and Roll", canción feita ó vello estilo dos clásicos que incluía no álbum Stranger in Town (1978), o décimo traballo discográfico do cantante de Michigan.
Das versións que se coñecen desta canción quedamos coa adaptación ó castelán que fixo Revólver para o seu Grandes Éxitos (2003), que se abre precisamente con "Ese Viejo Rock 'n' Roll".
Ningún comentario:
Publicar un comentario