Unha das cancións soul emblemáticas dos anos 70 é "Trying to Live My Life Without You", escrita por Eugene Williams para Otis Clay en 1972 e supuxo o maior éxito deste artista, de tal xeito que a canción trascendeu máis aló da música soul e as principais versións que se fixeron son de carácter rock.
En 1979 os Eagles publicaron o álbum The Long Run. A canción que lle dá título ten unha melodía moi semellante a "Trying to Live My LIfe Without You", aínda que Don Heley e Glenn Frey, os autores, nunca se manifestaron ó respecto.
Un dos primeiros que se deu de conta desta semellanza foi Bob Seger, que decidiu facer unha versión de "Trying to Live Without You" para denunciar o suposto plaxio de The Eagles, mais o que verdadeiramente conseguiu foi dar a coñecer internacionalmente a canción de Eugene Williams. Bob Seger que incluíuna no álbum Nine Tonight de 1981, un disco gravado baixo o nome de Bon Seger and the Silver Bullet Band. A seguinte é unha interpretación nun concerto.
http://youtu.be/vgwKUomoPO4
Con esa sona, non debería de sorprender que cando Don Heley reuniu os seus compañeiros para devolver ós Eagles á actualidade, algunha das recentes cancións tivese un aire de semellanza con aquelas que nos anos 70 fixeron voar a Eagles ó máis alto e quedar no recordo como esa excelente banda que nos legou "Hotel California" para a posterioridade. "Busy Being Fabulous", do álbum Long Road out of Eden (2007), é unha boa reminiscencia de "The Long Run".
http://youtu.be/9cCgBKT5FLY

Outra das versións máis importantes que se fixo de "Trying to Live My Life Without You" foi a de Dr. Feelgood en 1982 no álbum Fast Women and Slow Horses. Sirva así de homenaxe a Wilco Johnson, noticia estes días por serlle detectado un cancro que, lonxe de desanimalo, vai facer que emprenda unha xira de despedida polo Reino Unido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario