Das bandas de glam rock que pulularon polos anos 70 Sweet gañáronse un lugar privilexiado grazas ó seu potente son e sobre todo debido a unha canción que os perpetuou na historia do rock. Cando publicaron o segundo álbum da súa traxectoria Desolation Boulevard (1973), prepararon dúas edicións diferentes, unha para o mercado europeo e outro para o americano. Esta última ábrese coa canción "The Ballroom Blitz", sen dúbida, a que lle deu sona en todo o mundo a Sweet e unha das máis influentes na historia do rock e presente nun sinfín de bandas sonoras de películas.
http://www.goear.com/listen/3570e32/the-ballroom-blitz-the-sweet
Ademais das versións, "The Ballroom Blitz" inspirou outras cancións que se basearon nela. Unha das primeiras é a de Beastie Boys "Hey Ladies" do álbum de 1989 Paul's Boutique.
http://www.goear.com/listen/9e6d389/hey-ladies-beastie-boys
Dese mesmo ano é a canción dos ingleses The The "Armaggedon Days Are Here (Again)" do álbum Mind Bomb.
http://youtu.be/lel0PzhU6Pk
My Chemical Romance tamén tomaron algúns elementos de "The Ballroom Blitz" para crear "Vampire Money" no seu último traballo discográfico Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys de 2010.
http://www.goear.com/listen/e77383c/vampire-money-my-chemical-romance
Ademais das versións, "The Ballroom Blitz" inspirou outras cancións que se basearon nela. Unha das primeiras é a de Beastie Boys "Hey Ladies" do álbum de 1989 Paul's Boutique.
Dese mesmo ano é a canción dos ingleses The The "Armaggedon Days Are Here (Again)" do álbum Mind Bomb.
My Chemical Romance tamén tomaron algúns elementos de "The Ballroom Blitz" para crear "Vampire Money" no seu último traballo discográfico Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys de 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario