Xamaica soubo situarse no mapa da música grazas a un xénero de seu como o reggae que nos anos 70 da man sobre todo de Chris Blackwell, o dono da discográfica Atlantic. A influencia deste son foi inmediato e aprecíase con claridade nas raíces de bandas europeas como The Police. O gran estandarte do reggae é Bob Marley, que xunto coa súa banda The Wailers, ademais de grandes cancións, exportou ó resto do mundo toda unha filosofía de vida como é o movemento rastafari. En 1973, baixo a produción de Blackwell, Bob Marley and The Wailers publicaron o seu cuarto álbum Burnin', un dos máis influentes na carreira dos xamaicanos, onde se atopa este sensacional "I Shot the Sheriff".
Unha boa mostra de que a música de Marley trascendeu pronto a barreira do éxotico para asimilarse co que se estaba a facer no resto do mundo é a versión que Eric Clapton fixo de "I Shot the Sheriff" tan só un ano despois no álbum 461 Ocean Boulevard (1974), o segundo en solitario de Man Lenta.
Tamén existe unha versión de hip-hop a cargo de Warren G en 1997 no álbum Take a Look Over Your Shoulder.
Ningún comentario:
Publicar un comentario