A andaina de The Cure comezou a finais dos anos 70 coa publicación duns cantos singles antes de lanzar ó mercado discográfico dous discos de longa duración como Seven Seconds (1980) e Faith (1981). Antes de averuntarse co terceiro LP, que vería a luz tres anos despois, a banda de Robert Smith seguiu sacando singles soltos que finalmente non se incluirían en The Top (1984), pero que aparecerían en discos recompilatorios. "Let's Go to Bed", editado en 1982, aparecería por primeira vez no recompilatorio Japanese Whispers, de 1983.
Malia non ser unha das cancións de The Cure máis recordadas, "Let's Go to Bed" resucitou hai uns anos en forma de sample nun dos famosísimos temas de Rihanna "S&M", do álbum Load, que a cantante de Barbados publicou en 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario