O século XX caracterizouse musicalmente polo espallamento dos máis diversos xéneros e estilos, o que serviu para un enriquecemento musical nunca visto ata o momento. Nesa eclosión posiblemente a máis perxudicada fose a música clásica cuxa importancia en séculos anteriores se viu desprazada ata unhas poucas minorías elitistas que se resisitiron ó empuxe que estaba experimentando a música popular. Pero na fusión de estilos que se produciu como consecuencia desa expasión musical, ata a música clásica se aproximou ó gran público da man de autores como Aaron Copland e George Gershwin que compuxeron óperas que encadilaron á xente de todas clases sociais, que mesmo os tomaron de referencia para compor música popular e nutrir ós novos sons como o rock. "Summertime" é a aria máis coñecida de Porgy and Bess, a gran obra de Gershwin de 1935.
Unha das primeiras cancións que se basearon nos arranxos de "Summertime" foi "(We Ain't Got) Nothin' Yet" de Blues Magoos que aparece no álbum Psychedelic Lollipop de 1966.
Tamén Deep Purple non se souberon resistir ó encanto e en 197 editaron o single "Black Night", que se basea directamente na canción de Blues Magoos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario