Richard Berry asinou en 1956 unha das cancións máis lendarias do rock, "Louie Louie", un clásico entre os clásicos que inspirou a artistas de tódalas xeracións, especialmente na versión que fixeron os Kingsmen. Mais Berry tamén baseou parte do ritmo da súa mítica canción nos sons procedentes de Cuba, concretamente no tema "El Loco Cha Cha Cha" de René Touzet, que popularizou Ricky Rillera and the Rhythm Rockers.
O caso é que a Richard Berry lle quedou así Louie Louie. Ofrecemósvos á versión orixinal de 1957.
As versións que se fixeron de "Louie Louie" dende os anos 60 son incontables. En España tivo moito éxito á versión en castelán de Los Corbs en 1966.
Ademais das versións, "Louie Louie" inspirou dúas cancións que á vez tamén son un referente na música rock. Unha delas é "You Really Got Me" de The Kinks en 1964.
A segunda delas é "I Can't Explain" de The Who, de 1965.
"I Can't Explain" tamén serviu para crear novas cancións como é o caso de "Walk Idiot Walk", tema dos sueco The Hives do álbum Tyrannosaurus Hives (2004).
Do mesmo xeito en que tamén inspirou cancións con estilos afastados do rock. "Going Out to My Head", tema de Fatboy Slim, do álbum de 1997 Better Living Throug Chemistry, que tamén contén un sample da canción de Led Zeppelin "The Crunge".
Por certo, non nos esquecemos de "The Crunge", do disco Houses of the Holy (1973) para que vexades o parecido coa canción de Fatboy Slim.
Ningún comentario:
Publicar un comentario