O cuarto álbum de The Byrds Younger Than Yesterday (1967) ábrese coa canción "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star", unha das máis populares da banda composta por Roger McGuinn, Gene Clark, David Crosby, Michael Clark e Chris Hillman. Co seu estilo habitual de mestura-lo rock coa psicodelia, The Byrds afondaban co seu cuarto traballo na procura dun son propio que os afastase da influencia da música de Bob Dylan, que tanto marcara as orixes de The Byrds.
A principal versión que se fixo de "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star" atópase na voz de Patti Smith, que a gravou para o álbum Wave (1979), o cuarto traballo discográfico que publicou coa súa banda Patti Smith Group.
No mesmo ano en que Patti Smith sacaba a versión de "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star", a banda británica de rock Charlie publicaba Fight Dirty, que contén o tema "Killer Cut", con referencias sutís á canción de The Byrds.
Ningún comentario:
Publicar un comentario