Sly & the Stone Family foi unha das primeiras bandas que mesturou a psicodelia rock cos sons do soul dando comezo a un novo estilo que derivaría no funk tal como o coñecemos. A coidada produción dos seus traballos non pasou desapercibida nos círculos musicais americanos e o seu peculiar son pronto influíu en bandas e artistas consagrados como The Temptations. A canción que lle dá título ó segundo disco "Dance to the Music" (1968) é das que mellor representa a importancia que acadou co tempo Sly & the Stone Family.
Unha das primeiras cancións que emprega un sample desta canción de Sly & the Stone Family é "Burn the Bastards", un tema do grupo de house The KLF no segundo disco destes ingleses Who Killed the Jams? (1988).
En 1994, a canción de Primal Scream "Rocks" do álbum Give Out But Don't Give Up comeza cunha introdución que lembra moito a "Dance to the Music".
Ningún comentario:
Publicar un comentario