É indudable a contribución que as nanas e as cancións infantís en xeral teñen feito nalgunha ocasión o mundo do pop e do rock. O caso máis recente puidemos velo hai tan só uns meses coa publicación de "Candy", un tema asinado por Gary Barlow para o seu ex compañeiro de Take That Robbie Williams, cuxo ritmo evoca ós sons propios da música infantil. Por iso, a entrada de hoxe vai dedicada a unha desas nanas que máis presente está nalgunhas das cancións que máis éxito tiveron no seu momento. Trátase de "It's Raining, It's Pouring", unha nana tradicional inglesa que se publicou por primeira vez en 1939.
Os primeiros en facer unha versión de "It's Raining, It's Pouring" foron Peter, Paul and Mary en 1962, que a mesturaron coas melodías doutras cancións.
Mais se a versión de Peter, Paul and Mary mantén aínda ese componente infantil das nanas, as seguintes cancións que nalgún momento fan referencia a esta nana tentan afastarse en certa medida desa esencia de nana, aínda que non en tódolos casos. Por exemplo, en "No More Tears (Enough Is Enough)", a famosa canción que Donna Summer e Barbra Streisand editaron en 1979 só o comezo pode levarnos a engano polo ritmo lento das primeiras notas.
O portorriqueño José Feliciano tamén cantou unha parte desta nana noretrouso do seu tema "Listen to the Falling Rain" en 1969.
En 1978 outro artista como Tom Waits lle dedicou unha parte dunha canción súa a esta nana. Concretamente, "A Sweet Little Bullet From a Pretty Blue Gun", do disco Blue Valentine.
A última gran canción que reproduce o son de "It's Raining, It's Pouring" empregando un coro infantil é "It's Raining Again", de Supetramp, incluída no álbum ...Famous Last Words (1982).
Ningún comentario:
Publicar un comentario