O talento creativo do tándem composto por John Lennon e Paul McCartney proporcionou á música algúns dos momentos máis memorables na historia do rock e ese talento culminou nesa obra mestra que é Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, un dos discos que os Beatles publicaron en 1967, que se pecha con "A Day in the Life", unha canción que sorprende pola orquestración que lle dá un aire sinfónico.
O produtor de Sgt. Pepper's Lonely Heats Club Band é George Martin, cuxo traballo sempre se asociou á sona dos catro grandes de Liverpool, pero Martin tamén produciu os discos de outros artistas, sobre todo trala separación dos Beatles. Unha desas bandas que traballou con George Martin é Cheap Trick, que en 1980 contaron con el para a produción do álbum All Shook Up e evidentemente, nótase a influencia dos Beatles. En "Stop This Game", o comezo resulta parecido ó de "A Day in the Life" por ese toque de orquestra sinfónica que marca as primeiras notas da canción.
http://youtu.be/as62Ad4EvkE
Do mesmo xeito, a parte final de "A Day in the Life" reprodúcese nas úlitmas notas da canción de New Order "Every Little Counts", do álbum Brotherhood (1986).
http://youtu.be/V2KZ2PWwQyQ
Do mesmo xeito, a parte final de "A Day in the Life" reprodúcese nas úlitmas notas da canción de New Order "Every Little Counts", do álbum Brotherhood (1986).
http://youtu.be/V2KZ2PWwQyQ
Ningún comentario:
Publicar un comentario