A comezos dos 80 cando o electropop vivía unha época dourada, un grupo inglés ía rebentar as listas de vendas con unha soa canción que lles ía garantir o estrelato máis aló do momento. Imagination debutaron en 1981 e un ano despois, co segundo traballo discográfico baixo a man, ían arrasar tanto o mercado europeo coma o americano grazas o bombazo que supuxo "Just an Illusion", tema estrela do disco In the Heart of the Night (1982).
Cun ritmo susceptible de ser sampleado sobre todo por cancións hip-hop e por artistas en momentos baixos de creación, Mariah Carey encargouse de estragar "Just an Illusion" no seu álbum The Emancipation of Mimi coa canción "Get Your Number"en 2005. Este disco evidenciaba ás claras que a carreira da cantante de orixe venezolana ía costa abaixo e xa quedaran atrás os anos en que a diva do pop dominaba as listas de vendas. Unha mágoa para unha das mellores voces dos anos 90.
Ningún comentario:
Publicar un comentario