Hai certas cancións que se poden considerar verdadeiros xermolos doutras que, con posterioridade, son moito máis recoñecidas, pero sen esas notas ou eses acordes da canción primitiva apenas chegarían a ser o que son. Xa temos visto aquí algúns exemplos e hoxe imos ver un máis. "When the Levee Breaks" é un blues de 1929, un mais da época, creado polo matrimonio Joe McCoy e Memphis Minnie.
A repercusión desta canción chegaría da man da versión que en 1971 farían os sempre presentes rapaces de Led Zeppelin. John Bonham, o batería da banda, imprimiulle un son que, aparte das demais versións que se fixeron a partir desta, serviría de sample para moitas outras cancións que, nalgúns casos, non gardan nin sequera unha pequena relación co xénero do blues nin do rock. Está incluída no disco Led Zeppelin IV.
Pois deixando de lado con pesar as versións de "When the Levee Breaks", algunhas tan boas como a de Perfect Circle, imos quedar con algunhas das cancións baseadas nese son de batería da versión inconfundible de Led Zeppelin, aínda que non imos incluír a de Neneh Cherry, que veremos noutra entrada. Empezamos entón coa do proxecto de Michael Cretu, Enigma, tamén empregou o mesmo son para o seu gran éxito dese anos "Return to Innocence", no álbum The Cross of Changes, algo que repeterían en 1999 coa canción "Gravity of Love".
De 1994 tamén é a canción de Mike Oldfield "Magellan", do álbum The Songs of Distant Earth sen renunciar o toque celta tan característico da música deste compositor.
Björk tamén se basea na versión de Led Zeppelin en "Army of Me", do disco Post (1995). Por suposto, a lista destas cancións é moitísimo máis ampla, mais estes exemplos son algúns dos máis interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario