Despois de editar dous discos coa compañía discográfica Asylum Records, Bob Dylan regresou á que fora a súa casa de toda a vida, Columbia, con Blood on the Tracks, un disco que contén toda a esencia dos primeiros anos de Bob Dylan. Era o seu xeito de entrar en 1975, xa que foi publicado en xaneiro dese ano. Malia a que facía o número quince na andaina de Dylan, Blood on the Tracks está considerado un dos seus mellores traballos cunhas cancións que engaiolaron tanto a crítica, coma o público e a outros artistas que non dubidaron en facer versións das súas cancións favoritas. Unha das que destaca é "Simple Twist of Fate".
Unha das que destaca é a de Bryan Ferry para un dos tantos tributos que se lle teñen feito a Dylan. A versión de Bryan Ferry pertence concretamente a Dylanesque (2007), un disco con versións de Dylan no que Ferry homenaxea a este sensacional compositor.
Tamén existen versións en castelán. Nacho Vegas adaptouna co título "Un Simple Giro del Destino" en 2011.
Cunha tradución libre, que xa non ten que ver coa letra orixinaria de Dylan, o compositor fenés Roger De Flor titulou a súa versión "Una Desconocida Más" no álbum Canciones de Amor y Retranca (2007).
Ningún comentario:
Publicar un comentario